Friday 17 de May de 2024

A Deputación saca a contratación a primeira fase do Plan de Conservación de Vías Provinciais 2015


Nesta primeira fase entran 18 grupos de estradas provincias dende Ortigueira a Porto do Son e Ribeira, entre outros concellos

A Deputación da Coruña anuncia hoxe a través do Boletín Oficial da Provincia a contratación mediante procedemento aberto da primeira fase do Plan de Conservación de Vías Provinciais 2015. Nesta primeira quenda entran ata 18 grupos de estradas provinciais. As empresas interesadas en desenvolver estes traballos de mantemento teñen 13 días naturais de prazo para presentar a documentación.

O Plan conta cun orzamento de 10,4 millóns que se destinará á mellora do firme das estradas provinciais, á limpeza e roza de cunetas, á nova sinalización e outras obras para garantir a seguridade viaria dos veciños e veciñas.

Os grupos de estradas que agora saen a contratación son os seguintes:
• Grupo 1A: Ortigueira
• Grupo 1B: Cariño
• Grupo 3: Cedeira, Cerdido e Valdoviño
• Grupo 4: Ferrol e Narón
• Grupo 6: Ares, Fene, Mugardos e Neda
• Grupo 7: Cabanas, Miño, Paderne e Pontedeume
• Grupo 9: Oleiros e Sada
• Grupo 11: Abegondo, Bergondo, Betanzos e Paderne
• Grupo 16: Arteixo, A Coruña e Culleredo
• Grupo 17: Carballo, Cerceda e Laracha
• Grupo 18: Cabana, Coristanco, Malpica, Ponteceso e Zas
• Grupo 19: Camariñas, Laxe, Muxía e Vimianzo
• Grupo 20: Cee, Corcubión, Dumbría e Mazaricos
• Grupo 23: Mazaricos, Muros e Outes
• Grupo 24: Boiro, Lousame e Noia
• Grupo 27: Boiro e Rianxo
• Grupo 28: A Pobra, Porto do Son e Ribeira
• Grupo 36: DP3404 de Outes a Dumbría